A súa obra é un retrato do pobo galego e
goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi
homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a
redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou
permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos
seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se
dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os
pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da
literatura universal de todos os tempos.
http://www.manuelmaria.com/recursos/outros.htm
http://www.manuelmaria.com/manuelmaria/recursos/videos/ver.htm?id=14&paxina=1
María Rosalía Rita de Castro naceu
en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do 1837. Parte da súa infancia
pasouna coa súa nai en Padrón, indo ós 13 anos para Santiago de Compostela. En
1856 vaise para Madrid, para adicarse a escribir. Alí casa con Manuel Murguía,
xornalista e gran galeguista.
Durante anos alterna a residencia
entre Madrid e Galicia, onde xa quedará definitivamente a partires de 1871. Os
derradeiros anos da súa vida pásaos en Padrón, na que hoxe é a Casa Museo de
Rosalía. Pouco antes da súa morte, enferma de cancro, pasa unha curta tempada na
Ría de Arousa (Carril), pois quería ve-lo mar antes de morrer. Con 48 anos (ano
1885), Rosalía morre en Padrón.
Na actualidade, os seu restos
repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval
(Santiago).
OBRA
Rosalía cultivou distintos xéneros
literarios: novela, cadro de costumes, conto, reportaxe, poesía... Pero é aquí,
na poesía, onde máis destacou, converténdose nunha poetisa
universal.
Rosalía escribiu tanto en galego
como en castelán. En galego escribiu os libros de poemas Cantares
gallegos (1863) e Follas novas
(1880).
En castelán e en verso,
La flor (1857), A mi madre (1863) e En las
orillas del Sar (1884). En prosa escribiu, entre outras, as obras
Flavio (1861), El caballero de las botas azules
(1867), La hija del mar (1859), El primer loco
(1881), Costumbres gallegas (1881) Padrón y las
inundaciones (1881) e Ruinas (1866).
No centenario da publicación de
Cantares Gallegos (1963), a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á
celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron adicadas a Rosalía
na súa primeira edición. Elexiuse esta data porque era a que figuraba na
adicatoria feita por Rosalía.
| ||||||
En maio de 1863 imprímese en
Vigo Cantares Gallegos, libro fundamental do Rexurdimento da lingua
galega. Neste libro Rosalía nomea "cantares" populares galegos, que eran
recollidos e estudados polo seu home, o insigne galeguista Manuel Murguía. Tamén
fai referencia a ditos e refráns.
| ||||||
É o seu primeiro libro en lingua galega, e tamén o primeiro en galego da literatura moderna. Rosalía realiza a fazaña de escribir nunha lingua na que non se escribía dende facía centos de anos. A súa voz érguese contra agravios e prexuizos seculares, e faino en lingua galega. | ||||||
|
FOLLAS
NOVAS
| ||||||||||||||||
| ||||||||||||||||
Os poemas foron escritos "no
deserto de Castilla". Como ela mesma indica no prólogo, parte son poemas
intimistas e a outra parte son poemas de temática social. Tamén hai poemas
costumistas (A pombiña que está xorda) ou relixiosos (Na
catedral).
| ||||||||||||||||
No libro quinto (e último) desta
obra, "As viudas dos vivos e as viudas dos mortos" trata Rosalía o tema da
emigración, pero dende o orixinal punto de vista da ferida psicolóxica que deixa
no espírito da muller, que queda en Galicia.
| ||||||||||||||||
|
Sem comentários:
Enviar um comentário