segunda-feira, 24 de junho de 2013



COORDINADORA COMARCAL AURIA    

O día 30 de xaneiro no CEIP Irmáns Villar de Ourense tivo lugar unha reunión á que asistiron varios centros da cidade e arredores así como a Normalizadora do Concello de Ourense e un representante da Coordinadora  Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), concretamente Manuel Rosende,  encargado da sección Comarcas.
Acordouse levar a cabo catro seccións de actividades conxuntas e asemade fixéronse catro grupos entre os asistentes que se foron adscribindo a cada unha delas especificamente para implicarnos todos e partillar responsabilidades, botar unha man sempre que se puider no desenvolvemento da actividade, aínda que todas as tarefas estean abertas á participación de todos e cada un dos centros membros da Coordinadora.
1.- Apertura do blog da Coordinadora.
2. -Publicación dun boletín informativo trimestral “Non só lingua”, en formato tríptico ou díptico, para facelo chegar a todas as casas e a todo o profesorado, contendo artigos de lingua, orientación escolar, sociolingüística,...
3.-Intervención normalizadora no contorno en colaboración coa área de Normalización do Concello de Ourense.
Premio conxunto anual  a un personaxe ou entidade local que, polo seu labor normalizador, destaque na zona (empresa, comercio, xogadores, cantantes,...)   Proporánse candidatos desde os centros e ANPAS).                         
Campaña de adhesivos con lema   (Aquí atendemos en galego,...) co fin de distribuílos  entre estabelecementos ou organismos públicos ou privados para colocar nun lugar visíbel.
 E con vistas ao próximo curso escolar:
4.- Radio Escola.  Xa falamos con algunha emisora comercial para dispor dunha emisión quincenal, e solicitamos a  colaboración do Concello de Ourense.
Se isto non fose posíbel, poderíase abrir unha sección de programas no blog gravados en Audacity : contos, informativos, documentais, musicais, lingua,… Sería importante incidir con eles nos temas da lingua, autoestima, sociolingüística,...

De entre estas actividades, desenvolvéronse as seguintes:
-   Apertura do blog da Coordinadora AURIA:    
                      http://www.auriaourense.blogspot.com.es/
-          Publicación do primeiro número do boletín informativo “Non só lingua”, en formato tríptico, pois é este formato o que consideramos máis axeitado para chegar a todas as casas e a todo o profesorado, contendo breves artigos de lingua, orientación escolar, sociolingüística,... extraídos de diversos medios como “Ollos de aula”,  “A letra miúda”, etc. e en colaboración coa área de Normalización do Concello de Ourense (Xúntase PDF contendo “Non só lingua” nº 1)
Fica feito un esbozo do seguinte tríptico para enviar no primeiro trimestre do seguinte curso.
-    Está feito o deseño correspondente da  Campaña de adhesivos con lema   (Aquí atendemos en galego,...) co fin de distribuílos  entre estabelecementos locais, mais pendente de realización e financiamento para o próximo curso escolar.
                                         
-          Continuaremos tamén para o próximo curso intentando conseguir financiamento para o proxecto de Radio Escola. E comezaremos no inicio do seguinte curso coa proposta e votacións para a concesión do Premio conxunto anual  a un personaxe ou entidade local.









Sem comentários:

Enviar um comentário

Adhesivos.

  • Aquí atendemos en galego.

Feísmo lingüístico.

  • Fotos de desleixo lingüístico.