domingo, 30 de novembro de 2014

Campaña "Presume de galego"



Prezados/as amigos/as,
Tal e como avanzamos no Consello Zonal de principios de curso, estamos organizando unha campaña na que trataremos de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.
Queremos escapar de estereotipos porque queremos fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. Isto é, buscamos que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa programamos unha acción ( Presume de galego) que queremos testar con todos e todas vós.
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
De aí que ideásemos a primeira acción Presumo de galego que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que están en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/
Animádevos a participar!
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL

quarta-feira, 9 de julho de 2014

As Letras Galegas homenaxearán o vindeiro ano a Xosé Filgueira Valverde


  • A Consellería de Cultura e Educación salienta o ímprobo labor de Filgueira no seo das principais institucións culturais, así como o seu traballo en prol do desenvolvemento de Galicia


5 de xullo de 2014.-A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2015 a unha das figuras máis destacadas da cultura de nós durante o século XX, o polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, e traballa xa na homenaxe que en Galicia se lle vai render ao autor o vindeiro ano.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere ademais salientar o labor de Filgueira Valverde como promotor e participe de moitas das máis destacadas institucións culturais da nosa terra −nomeadamente, o Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o Instituto Pai Sarmiento de Estudios Galegos e o Consello da Cultura Galega−, e como protagonista do desenvolvemento social de Galicia.
Nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 13 de setembro de 1996, Xosé Filgueira representa un cumio intelectual e é un dos meirandes divulgadores culturais que teña dado Galicia. Numerario da Real Academia Galega e da Real Academia de la Historia, a súa produción científica supera as 2.100 publicacións e interveu en máis de 4.500 charlas ou conferencias.
Cómpre destacar tamén a súa faceta literaria e compiladora na que se poden resaltar obras como o libro de relatos ‘Os nenos’; o texto teatral ‘Agromar. Farsa pra rapaces’; as antoloxías ‘Cancioneiriño de Compostela’ e ‘Cancioneiriño novo de Compostela’, en que recolle composicións que fan referencia á capital galega e o volume de prosas ‘Quintana viva’.

segunda-feira, 26 de maio de 2014

RECOÑECEMENTO AURIA AO LABOR NORMALIZADOR

Coa finalidade de facer visíbeis persoas ou entidades próximas ao alumnado que desenvolvan a súa profesión en galego e valorar a súa tarefa a prol da normalización da lingua, no blog de AURIA facemos unha relación de todos os candidatos a esta mención de honor relacionados polos centros.

Cada centro descargará esta  listaxe completa  e exporaa no taboleiro do centro.  Será un premio simbólico de recoñecemento do seu labor normalizador.

ASOCIACIÓN "AMIGOS DO CAMIÑO"
Con sede na antiga escola de Cambeo.
Pola súa labor de investigación, publicación, sinalización e recuperación de tramos do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca.

D. RAFAEL NOGUEIRAS.
Cura párroco de Ferreiros (Coles)Por utilizar o galego nos actos litúrxicos da parroquia
incluso antes de existir a Lei de Normalización Lingüística.

OURENSE E CANEDO NA MIRADA.
http://www.canedo.eu/
Web en galego sobre temas variados relacionados con Canedo e Ourense.
Propiedade de Manolo Domínguez, un xubilado de Canedo.

SERAFÍN ALONSO PINTOS.
Veciño da zona da estación que proclama con fachenda a súa condición de pontino de terceira xeración.
Traballa como profesor no Instituto de Ribadavia.
Doutor en Filoloxía e membro de Prolingua, colabora entre outras institucións, co Instituto da Lingua Galega, o consello da Cultura Galega ou a revista Grial e, sempre que o chaman, coa comunidade educativa do CEIP A Ponte.
No eido da didáctica da Lingua deu ao prelo os catro volumes de Claro e seguido, escritos en colaboración con Begoña Muñoz Sáa e María Xesús Sarmiento Macías (Vigo, Xerais,2004).
Publicou ademáis:
 Para unha historia do estándar galego. As propostas do período 1966-1980 (Madrid, UNED,2002)
O proceso de codificación do galego moderno (A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 2006).

Supermercado "PINCHA PRECIOS" Vilarchao.
Situado en Vilarchao (Coles)
Pola súa publicidade en galego.

quarta-feira, 14 de maio de 2014

Cisneros en pontes da lusofonía.


   Un grupo de alumnos de Cisneros acudiron ao Auditorio Municipal convocados polo servizo de Normalización do Concello de Ourense, para asistir ao concerto do angoleño Alberto Mvundi, a súa dona Marga e o seu fillo Gael, incluido en "Pontes da Lusofonía".
   Ao inicio houbo unha presentación da ILP Paz Andrade cun dos promotores, o xornalista e músico Xurxo Souto.

   Neste concerto os intérpretes fixeron un recorrido por diferentes músicas portuguesas, galegas e brasileiras. O obxectivo deste, é aproximar a alumnos e alumnas ao mundo da lusofonía a través da música e para por en valor a Lingua da Galicia, facendo ver a súa potencialidade.
   Pasárono de medo e ao final quixeron fotografarse cos artistas.
   Máis detalles no enlace:
Cisneros-Alberto Mvundi

segunda-feira, 12 de maio de 2014

segunda-feira, 17 de fevereiro de 2014

DIA DE ROSALIA.

O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro e dun tempo a esta parte, promovido pola Asociación de escritores en lingua galega, o Día de Rosalía.
Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convoca para o día 24 de febreiro deste 2014 o programa graffitiRosalía,dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galiza, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
En Ourense estanse a organizar actos para conmemorar este día, de mañá para os centros escolares e de tarde aberto a toda a cidadanía. O vindeiro mércores, día 5 ás 20.00horas, haberá unha reunión no Liceo, á que estades convidados/as a asistir, onde se recollerán as distintas achegas dos centros escolares e outros colectivos para ir pechando o programa.

quinta-feira, 13 de fevereiro de 2014

Concurso: LINGUA DE NAMORAR
Os alumnos de Cisneros celebraron o Día da Paz participando nunha variada selección de actividades que os levaron a facer debuxos para construír un mural, outros para decorar as  aulas, tocar coa frauta “O Himno da Alegría” e  a ler poemas en inglés sobre o tema; tamén compuxeron a letra para varias cancións que interpretaron grupos dos tres niveis educativos do centro:
Os máis pequenos cantaron ao son do “Patio de mi casa”: Os peques de Cisneros … “
Ós de Primaria tocoulle cantar un Rap da Paz que tiña parte da letra da poesía de Alicia, alumna de 5º de Primaria co que gañou o primeiro premio de poesía no Certame “Ourense sabe  acoller”.
E un grupo da ESO cantou e bailou ao son de Sakira con letra adaptada.

Adhesivos.

  • Aquí atendemos en galego.

Feísmo lingüístico.

  • Fotos de desleixo lingüístico.